• hace 12 años
Seccións incluidas neste capítulo:
- Infiltrados: Pala e pa.
- Galegotrón.
- A outra historia de Galicia: Baixo Medievo.
- ¿Isto como era? Te/che.
- Rebeca McKenna: Manuel Rivas.

"¿Por qué no hacemos un curso de gallego?" dixo Borji. E todo comezou.

O resto das cuestións foron caendo polo seu propio peso: É útil e necesario un curso de galego na Galiza? Seremos capaces de facer a produción? Conseguiremos financiamento para facelo? É o lacon con grelos consubstancial á galeguidade? Por que se lle ocorreu a idea a un de Ibiza e non a un de Monforte? Tedes a resposta á maior parte destas preguntas nesta páxina web (a do lacón non, por evidente).

Igual semella pouca cousa, pero o Isto é galego é un traballo de moitos meses, feito integramente por persoas voluntarias que puxeron a súa creatividade, o seu esforzo e a súa ilusión na que pretendemos sexa unha ferramenta útil para a nosa lingua propia.

Web oficial: istoegalego.org