DEUSA TOLA "A doncela de Bedlam"

  • hace 11 años
DEUSA TOLA : "A doncela de Bedlam" é unha versión da peza tradicional inglesa "A Maid in Bedlam", coa adaptación do texto por Susana de Lorenzo e arranxos musicais de Xoan PIñón.
O vídeo, son directo, foi gravado no Concerto-Presentación do grupo na Igrexa Orden Terceira de San Francisco (A Coruña) nas Festas do Rosario 2013.
DEUSA TOLA, en formato cuarteto, contou coa colaboración de Eduardo Coma (violín) e Dany Meléndrez (percusión).

"Paseaba unha noite primaveral / lonxe do meu país
dunha doncela en Bedlam / escoitei dulce cantar:
a cadea moveu das súas mans e puido replicar:
Eu amo ao meu amor porque meu amor me ama a min.

O que crueis son os meus pais / non me alegran a vida.
Dirixen, castigan o meu pensar, enturbian o meu soñar.
Aínda que abatida estou por amor, máis contenta estarei.
Eu amo ao meu amor, porque meu amor me ama a min.

E se anduriña chegase a ser / buscaríao no ceo,
e se perdese ao meu amor e non o atopase alí
querería axiña ser un pez e seguilo polo mar
Eu amo ao meu amor, porque meu amor me ama a min.

Unha grilanda chea de amor / texerei esperándoo,
de rosas, lirios e máis xazmín / mirando cara ao mar.
Para ao meu amor a gardarei / ata que chegue a min.
Eu amo ao meu amor, porque meu amor me ama a min.

Xusto cando ela estaba a chorar / o amor regresou.
Aínda que ela estaba en Bedlam / correu sen tardar.
E cando pola porta entrou / e sintiouna suspirar:
Eu amo ao meu amor, porque el me ama a min.

Quedouse mirándoa e escoitou / de amor a súa dor.
Non pudiendo soportar / por cada vea sangrou.
Aos seus brazos de branca neve volou / e puido replicar:
Eu amo ao meu amor, porque meu amor me ama a min
Eu amo ao meu amor, porque meu amor me ama a min."

Recomendada